Noticias e alertas

Comunicado ante as declaracións do PP sobre os danos producidos pola tubaxe que leva a auga ao Rosal e á Guarda

06/04/2024

Ante as declaracións vertidas nos últimos días en diferentes medios de comunicación pola portavoz municipal do Partido Popular de Tomiño, o Concello de Tomiño quere aclarar o seguinte:



  1. O pasado dia 14 de marzo a Corporación aprobou por unanimidade dos grupos municipais (BNG, PP e PSOE) unha moción para solicitar ao Consorcio de Augas do Louro que asuma o mantemento e conservación desta infraestrutura que leva auga de Tui ao Rosal e A Guarda. O Consorcio cobra aos concellos por este servizo.

  2. Co seu voto favorable, o Partido Popular aprobou esixir ao Consorcio de Augas do Louro que realice os traballos de reparación necesarios para eliminar as fugas de auga na tubaxe de 14 quilómetros.

  3. O Concello non pode realizar obras nunha estrada de titularidade autonómica. Contradicindo o que votou en pleno, o PP pide agora que o Concello asuma as reparacións nunha estrada responsabilidade da Xunta de Galicia.

  4. O Concello avisou en reiteradas ocasións á Xunta dos problemas de seguridade viaria nestas estradas autonómicas. En resposta o servizo de mantemento de estradas da Xunta reparou a fuga localizada na parroquia de Figueiró, aínda que non a situada no Barro.

  5. Desde o Concello de Tomiño laméntase que o Partido Popular estea desinformando deliberadamente á veciñanza, votando a favor destas cuestións en pleno e difundindo despois notas de prensa reclamando o contrario. Esta actitude demostra, unha vez máis, que o PP prioriza os intereses de partido aos de Tomiño.

  6. Desde o Goberno municipal solicitamos ao PP que se posicione do lado de Tomiño e que non pretenda que se utilice o diñeiro dos impostos dos tomiñeses e tomiñesas para arranxar un problema que é responsabilidade da Xunta como titular da estrada e/ou do Consorcio de Augas do Louro.


The post Comunicado ante as declaracións do PP sobre os danos producidos pola tubaxe que leva a auga ao Rosal e á Guarda appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies