Noticias e alertas

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a Xunta e os 18 municipios afectados polas pragas de moscas

26/04/2024



 




A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre o desenvolvemento agrícola e calidade de vida dos veciños e veciñas




 




Tras recibir os resultados as conclusións do estudo realizado pola Universidade de Vigo, o Concello mantivo un encontro con produtores e agricultores e reunirá á mesa de traballo a vindeira semana




 




O Concello de Tomiño continúa dando pasos para buscar solucións aos episodios de pragas de moscas esporádicas, unha problemática que xa afecta a máis de 18 municipios galegos e sobre o que ten competencia exclusiva a Xunta de Galicia ao tratarse dunha praga que non recoñece de límites municipais territoriais.


Neste sentido, o Concello instou á FEGAMP a convocar a vindeira semana unha reunión urxente con todas estas localidades, na que estean presente as autoridades competentes da Xunta e con Sanidade animal para abordar esta problemática ante a que a administración autonómica debe tomar medidas para minimizar outras pragas que se poidan producir ao longo do ano, como xa fixo no seu momento coas de avespa velutina ou de mosquito tigre.


Esta situación require unha resposta coordinada. Entendemos o malestar dos veciños e veciñas, especialmente nas zonas de máis afectación como son Carregal e Forcadela, porque aínda que se trata de insectos que non transmiten enfermidades, está a deteriorar a saúde psicolóxica das persoas que padecen estas pragas, ao seu benestar e á súa calidade de vida”, recalca a alcaldesa, Sandra González.


Tras recibir os resultados do estudo realizado coa Universidade de Vigo, o Goberno municipal mantivo xa un encontro con produtores e agricultores e convocou para a vindeira semana unha reunión da mesa de traballo integrada por representantes de diferentes eidos para abordar esta problemática, que pon en risco o modelo de convivencia entre o desenvolvemento agrícola e a calidade de vida dos veciños e veciñas. O estudo realizado polo persoal investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal arroxa importantes conclusións sobre este tipo de aparicións explosivas e puntuais de moscas e recolle datos como o tipo de insecto que é, a súa duración, a eclosión ou os factores ambientais que contribúen á proliferación destes insectos.


O Concello pon a disposición da Xunta este estudo e insta ao goberno autonómico a colaborar na elaboración dun manual de boas prácticas con agricultores e gandeiros para minimizar o impacto do agro na contorna. A alcaldesa sinala tamén a influencia do cambio climático, das elevadas temperaturas ou da alteración do medio natural, quecomo afirman as e os científicos, contribúe a agravar o problema das pragas de insectos. Entre todas e todos temos que contribuír para previr e minimizar os danos”, resalta.



The post O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a Xunta e os 18 municipios afectados polas pragas de moscas appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies