Noticias e alertas

Tomiño celebra o seu Venres de Foliada este domingo 10 de marzo

08/03/2024

Tras os aprazamentos das últimas semanas a causa do mal tempo, Tomiño ten data definitiva para a celebración do seu Venres de Foliada. Tras consensualo coas comparsas participantes e consultar as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, o Concello organizará o tradicional desfile de Entroido este domingo 10 de marzo en horario de tarde.


Como salienta a alcaldesa, Sandra González, “os temporais de chuvia e vento que levamos encadeados dende o pasado mes de febreiro obrigounos a adiar o Venres de Foliada en varias ocasións. Pero tiñamos a ilusión de poder celebrar esta tradición tan importante para tomiñeses e tomiñesas, por iso tanto Concello como comparsas fixemos todos os esforzos posibles para poder desfrutar desta festa”.


O desfile arrancará ás 19.00 horas dende o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán para percorrer a rúa Gondomar e rematar na Pedra. A rexedora agradece a comprensión e colaboración das comparsas e da propia veciñanza ante os cambios de datas e anima a todos os tomiñeses e tomiñesas a achegarse o domingo pola tarde a calquera punto deste percorrido para desfrutar desta cita que encherá de música, luz, cor e diversión as rúas de Tomiño.


The post Tomiño celebra o seu Venres de Foliada este domingo 10 de marzo appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies