Noticias e alertas

O Concello de Tomiño recibe a Lucía Cordobés, bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de remo

08/03/2023

O Concello de Tomiño recibiu no salón de plenos á novísima remeira Lucía Cordobés Lorenzo, que aos seus 15 anos vén de conseguir unha medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas na categoría cadete feminino en equipo de catro.


O Concello quixo render homenaxe a esta deportista tomiñesa que está a acadar grandes logros “froito do esforzo, horas e enerxía dedicados cada día para ser unha das mellores na súa disciplina”.


O Goberno municipal quixo transmitir “o orgullo de todos os tomiñeses e tomiñesas por esta gran remeira que leva o nome do noso Concello a cada recuncho ao que vai competir e que día a día escriben páxinas de gloria para o deporte galego”. Ademais, salientou que gran parte do éxito de Lucía Cordobés e de moitos e moitas deportistas é o triunfo das súas familias, que consagran tempo e fan moitos esforzos para que os seus fillos e fillas poidan dedicarse ao que máis lles gusta”.


The post O Concello de Tomiño recibe a Lucía Cordobés, bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de remo appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies