Noticias e alertas

Tomiño busca unha imaxe creativa para conmemorar o Día das Letras Galegas

10/04/2024

As propostas poderán entregarse ata o vindeiro 9 de maio ás 09.00 horas


Tomiño busca unha imaxe orixinal e creativa para conmemorar o 17 de maio. Un ano máis a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) convoca unha nova edición do Concurso de deseño da Camiseta do Día das Letras Galegas 2024, un certame xa consolidado que busca conmemorar esta data tan sinalada con enxeño e creatividade arredor da lingua e da literatura galega.


O deseño será libre e aberto e debe recoller nunha frase, nun deseño gráfico ou nun debuxo dixitalizado algunha idea que poña en valor o galego. “O noso obxectivo é conseguir recoller dun xeito visual a defensa da nosa lingua e facelo cun deseño atractivo, inspirado e que busque o fomento, normalización e promoción do galego en todos os eidos das nosas vidas”, salienta o concelleiro de Mocidade, Agustín González.


As propostas presentadas a concurso deberán estar deseñadas para colocarse unicamente na parte dianteira da camiseta a unha soa cor para estampar sobre fondo branco. Como ven sendo habitual, todas as persoas que participen e envíen as súas creacións serán agasalladas cunha camiseta co modelo gañador serigrafiado. Ademais, a persoa autora da camiseta contará coa difusión da súa ilustración tanto nas redes sociais municipais como a través dos diferentes medios dispoñibles do Concello.


A frase ou o deseño máis votado polo xurado, composto polo grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño, será serigrafiado en máis de 800 camisetas que serán repartidas de balde entre as persoas que participen nas actividades que o Concello programará para celebrar o propio Día das Letras Galegas. Ademais, a persoa gañadora poderá escoller entre tres agasallos: un eBook Kindle, uns AirPods de Apple ou un Smartwatch Amazfit GTS 4 Mini Negro Medianoite.


As persoas interesadas en participar deberán enviar as súas propostas antes do xoves 9 de maio ás 09.00 horas a omix@tomino.gal.


The post Tomiño busca unha imaxe creativa para conmemorar o Día das Letras Galegas appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies