Noticias e alertas

O Concello lanza unha campaña para que os comercios ofrezan papel de agasallo en galego

29/07/2022

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Tomiño vén de lanzar unha campaña para que os comercios da vila utilicen e ofrezan un papel de agasallo con palabras en galego.


Con esta finalidade, o servizo procedeu á entrega de resmas de papel ás casas comerciais que venden produtos susceptibles de agasallar.


O deseño baséase en palabras en galego cun denominador común: sentimentos ou sensacións positivas que pode provocar un agasallo, tales coma gratitude, ledicia, ánimo, simpatía, sorriso, tenrura ou benquerer, entre moitas outras.


“A campaña o que pretende, evidentemente, é fomentar o uso do galego. Anteriormente fixemos outra con adhesivos en galego, e este ano cambiámola polas resmas de papel”, explica Ani Fernández Carrera, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.

The post O Concello lanza unha campaña para que os comercios ofrezan papel de agasallo en galego first appeared on Concello de Tomiño.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies