Noticias e alertas

A primavera continúa no Mercado de Tomiño cun obradoiro de conservas

08/05/2024

Abertas as inscricións na web do mercado


O Mercado de Tomiño continúa vivindo a primavera compartindo experiencias e coñecemento. A vindeira semana acolle a celebración do segundo taller da programación trimestral posta en marcha pola Asociación de Praceiros e Praceiras do Mercado de Tomiño en colaboración co Concello para achegar a praza de abastos e os seus postos ao público dun xeito diferente e dinámico.


No camiño pola posta en valor dos produtos locais e de calidade, o vindeiro mércores 15 de maio, o público porase mans á masa co obradoiro de conservas impartido por Amparo Grandío, de Petiscos. Un taller aberto a todos os públicos no que as e os participantes aprenderán a facer conserva vexetal artesanal doce ou salgada cos produtos de tempada dun xeito ameno e entretido.


O taller terá un total de catro horas de duración e impartirase de 10.30 a 13.30 horas, cun pequeno descanso de 15 minutos polo medio. O obradoiro terá un custe de 10 euros por persoa e todas aquelas interesadas en participar poden xa inscribirse a través do formulario habilitado na web do Mercado.


The post A primavera continúa no Mercado de Tomiño cun obradoiro de conservas appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies