Noticias e alertas

O ciclismo toma o concello coa terceira edición da proba BTT Terras de Tomiño e Florentiña

25/04/2024

Este ano contará cunha andaina simultánea organizada coa colaboración da Asociación de Veciños de Forcadela



Tomiño quenta motores para gozar dunha fin de semana de deporte a esgalla. Chega a terceira edición da proba ciclista BTT Terras de Tomiño e Florentiña, unha marcha cicloturista non competitiva coa que todas e todos participantes percorrerán rúas, pistas e camiños forestais do concello tomiñés para descubrir moitos lugares con encanto do municipio.


Unha xornada para desfrutar do deporte e da natureza sobre a bicicleta facendo unha ruta na que acompañarán sempre unhas fermosas vistas. A proba sairá este domingo 28 de abril con saída prevista ás 09.00 horas desde a Praza do Seixo. As e os deportistas inscritos nesta proba contarán con dúas rutas, unha curta de 40 km de distancia e 700 m de desnivel positivo e unha máis larga de 61 km e 1.500 m de desnivel.


Este ano, a BTT Terras de Tomiño e Florentiña contará ademais unha andaina simultánea o mesmo domingo 28 organizada en colaboración coa Asociación de Veciños de Forcadela. A camiñada comezará ás 09.30 horas con saída e chegada Praza do Seixo tras un percorrido de 9 km de dificultade media-baixa. A andaina terá un prezo de 3 euros por persoa e contará con avituallamento na metade do percorrido. As persoas interesadas deberán inscribirse no teléfono 696 502 921.


A información sobre o evento estará dispoñible a través do correo electrónico acdrcolibri@gmail.com e as persoas interesadas en participar aínda poden inscribirse a través do formulario habilitado en liña. Esta carreira ciclista está organizada polo Concello de Tomiño, a ACDR Colibrí e a Carnicería Florentiña e conta coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil de Tomiño, así como de diferentes empresas locais.


The post O ciclismo toma o concello coa terceira edición da proba BTT Terras de Tomiño e Florentiña appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies