Noticias e alertas

O teatro como ferramenta para dicir non á violencia machista

08/02/2024

A mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño participa no concurso de teatro ‘Namorar en Sintonía’, un certame que busca sensibilizar á mocidade sobre a problemática da violencia machista, manifestada en relacións tóxicas e comportamentos abusivos. Para participar cada grupo creou unha obra de teatro orixinal que será presentada o 23 de febreiro a partir das 21.00 horas no Cineteatro de Cerveira – Marreca Gonçalves.


Un estudo da Comisión para a Cidadanía e Igualdade de Xénero (CIG) revela que o 53,1% das persoas enquisadas sufriron polo menos un acto de violencia durante as súas relacións sentimentais, con especial incidencia entre as mulleres. A violencia psicolóxica desvélase como a máis prevalente, seguida da violencia social e sexual e da violencia física. Os celos considéranse a principal causa de violencia nas relacións sentimentais para a maioría da mocidade.


Deste xeito, en pleno mes do amor e con San Valentín como data sinalada no calendario, a mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño ponse a reflexionar e traballar, a través do teatro, a temática da violencia nas relacións sentimentais dun xeito crítico, creativo e interactivo. As e os interesados participan en grupos de entre 5 e 10 persoas cunha obra de teatro que non pode exceder os 20 minutos, como recollen as bases de participación.


O xurado estará composto por un representante do grupo de teatro amateur ‘Outra Cena’, un representante do grupo de teatro Agrupamento de Escolas de Vila Nova de Cerveira e un representante de Comédias do Miño. Avaliará a orixinalidade, a creatividade, a calidade da presentación xeral do traballo e a integración no tema, premiando ao final aos tres grupos máis votados.


O concurso ‘Namorar en Sintonía’ encádrase na operación REDE_GOV MINHO, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través de INTERREG V-A POCTEP.


The post O teatro como ferramenta para dicir non á violencia machista appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies