Noticias e alertas

Tomiño súmase ao ‘apagón’ para concienciar sobre o cambio climático

06/06/2023

Tomiño uniuse este luns 5 ao ‘apagón’ convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Dende as 23.00 horas, o Concello suspendeu a iluminación pública na Casa Consistorial e a Praza do Seixo para concienciar sobre o consumo de enerxía. Trátase dunha acción encadrada no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.


Aínda que en Galicia o consumo eléctrico se mantivo estable en 2021, segue a ser un tema preocupante na actualidade polo seu impacto ecolóxico pero tamén na economía das familias, de aí que se deba continuar fomentando o aforro de enerxía, sen deixar de lado a visión crítica sobre os actuais sistemas de produción.


O apagón ambiental proposto polo Fondo Galego é unha das máis de 50 actividades que se están a impulsar nos concellos socios dentro do proxecto ‘People and Planet’, que van desde accións de rúa como a comunicación de guerrilla na que tamén participa Tomiño ata obradoiros de cociña sostible, debuxo urbano, exposicións virtuais, concursos… O proxecto ‘People and Planet’ ten por obxectivo concienciar a mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable.


The post Tomiño súmase ao ‘apagón’ para concienciar sobre o cambio climático appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies