Noticias e alertas

Tomiño levanta o pano do novo curso na súa Escola de Teatro

15/09/2023

Tomiño levanta un ano máis o pano da súa Escola Municipal de Teatro con novas clases para achegar á veciñanza ao mundo da interpretación. O curso arrancará o vindeiro martes 3 de outubro para todos os grupos dispoñibles esta tempada, que recolle dende a cativada ata a mocidade.


Con esta actividade o Concello busca “introducir no mundo teatral ás persoas participantes ao tempo que se estimula a imaxinación e a capacidade creativa, fomentando o traballo en equipo e mellorando os recursos expresivos e habilidades comunicativas”, como explica a concelleira de Cultura, Ana Isabel Fernández.


Impartida por Migallas Teatro, a formación será eminentemente práctica con clases nas que se estudarán e traballarán aspectos básicos da creación escénica como a expresión dramática, a improvisación, a expresión oral, o movemento expresivo, o ritmo e a creación de personaxe. O alumnado aplicará todas as técnicas aprendidas nas aulas nas pezas teatrais que representarán ao final de curso en xuño.


As clases serán todos os martes pola tarde en diferentes horarios dependendo dos grupos de idade. O grupo de 4 a 8 anos, que xa está completo, terá clase de 17.30 a 18.45 horas, mentres que o de rapazas e rapaces de 8 a 12 anos será de 16.00 a 17.15 horas. Os tomiñeses e tomiñesas maiores de 13 anos terán a súa cita co teatro de 19.00 a 20.30 h.


As persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición nos grupos de 8 a 12 e de máis de 13 anos da Escola de Teatro a través da web do Concello.


The post Tomiño levanta o pano do novo curso na súa Escola de Teatro appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies