Noticias e alertas

Tomiño rehabilita o Muíño do Ferreiro, na parroquia de Forcadela

14/09/2023

A renovación contou cunha subvención de case 14.000 euros da Deputación de Pontevedra


Tomiño rehabilita o Muíño do Ferreiro, na parroquia de ForcadelaTomiño dá novos pasos para a recuperación do patrimonio etnográfico e arquitectónico do municipio. Nos últimos meses, o Concello procedeu á rehabilitación e arranxo do Muíño do Ferreiro, na parroquia de Forcadela, co obxectivo de protexer o seu valor patrimonial e recuperar na medida do posible o seu aspecto orixinal.


Esta obra de recuperación do patrimonio supuxo un investimento de máis de 21.300 euros, dos que 13.819,58 euros foron financiados ao abeiro dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural e a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos.


O Concello agradece a colaboración da Comunidade de Montes de Forcadela, que cedeu o edificio para a súa rehabilitación. Para acadar esta renovación do espazo procedeuse á demolición da cuberta, que se atopaba en mal estado, así como á colocación de madeira e tellas novas no teito, a limpeza de axentes ambientais e terras acumuladas no inferno e no cubo do muíño. Substituíronse ademais a porta e xanela de madeira anteriores, que presentaban unhas condicións deficientes.


Deste xeito, Tomiño avanza na recuperación e dignificación do seu patrimonio. Unha aposta do Goberno local que é de vital importancia “para conservar e poñer en valor o noso patrimonio, difundilo e perpetuar a identidade do noso municipio a través da historia”, como sinala a alcaldesa, Sandra González.


Nesta mesma liña de actuación, a Concellería de Cultura e Patrimonio dirixida por Ana Isabel Fernández levou a cabo a rehabilitación do Lavadoiro do Ramo, tamén na parroquia de Forcadela, así como o inventariado e documentación do patrimonio de carácter etnográfico ligado á arquitectura tradicional e relixiosa, coa sinalización das igrexas e capelas románicas do concello.




The post Tomiño rehabilita o Muíño do Ferreiro, na parroquia de Forcadela appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies