Noticias e alertas

Tomiño prepárase para acoller un tramo da I Volta Ciclista ó Baixo Miño

26/05/2023

Tomiño prepárase para acoller un tramo da I Volta Ciclista ó Baixo MiñoTomiño prepárase para acoller un tramo da primeira edición da Vota Ciclista ó Baixo Miño, unha proba organizada polo Team Oiense en colaboración co Concello de Tomiño e co resto dos concellos da comarca, dirixido a deportistas Élite e Sub 23 e puntuable para o ránking nacional e a Copa Galicia nestas dúas categorías.


Xa está aberta a inscrición para participar nesta proba que acollerá a ata 200 deportistas e que se celebrará o vindeiro 4 de xuño. Será un percorrido de 125 quilómetros con saída ás 10.00 horas dende o Mosteiro de Oia e ás 13.15 h dende o campo de fútbol deste mesmo municipio.


O concelleiro de Deportes, Fran Campo, convidou á veciñanza a desfrutar desta nova proba que promete converterse nunha cita destacada no calendario deportivo da comarca a nivel rexional e nacional.


The post Tomiño prepárase para acoller un tramo da I Volta Ciclista ó Baixo Miño appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies