Noticias e alertas

A mocidade mergúllase na tecnoloxía da man da OMIX de Tomiño

10/03/2023

O Concello de Tomiño continúa coa súa aposta por unha programación pensada, deseñada e dirixida á mocidade, nesta ocasión coa tecnoloxía como eixo central. A OMIX Tomiño xa ten aberto o prazo de inscrición para participar en ‘Dreams to Space’, un novidoso curso a través do que mozos e mozas poderán achegarse á tecnoloxía dende unha perspectiva maker, no que cada un e cada unha aprenderán a construír os seus propios proxectos.


Como explica a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, “este curso é un exemplo máis do esforzo que se está a facer dende o Goberno municipal para achegar á nosa mocidade unha programación actual na que se traten temáticas que lles interesan especialmente e poder brindarlles novas oportunidades persoais ou profesionais”.


Este novo curso, de 8 horas de duración, abordará diferentes temáticas. Así, as persoas participantes darán os primeiros pasos no mundo da programación e aprenderán as estruturas lóxicas e diferentes ferramentas para programar calquera dispositivo. Tras esta aprendizaxe construirán e programarán diferentes robots para executar pequenas tarefas con materiais LEGO We Do 2.0 e MBOT.


A información e formación continuará coa introdución a placas base de electrónica que permiten interactuar con diferentes sensores, chegando a crear pequenos dispositivos. Ademais, introducirase ao alumnado ao deseño, modelado e impresión 3D con programas como Tinkercad para a xuventude máis nova e Fusion360 de Autodek para o resto. O curso rematará cunha pequena incursión no mundo do aeromodelismo espacial, construíndo un foguete e facendo despois o seu lanzamento aplicando conceptos e cálculos explicados durante a formación.


Inscricións


O curso impartirase dende o 15 de abril ata o 3 de xuño con clases todos os sábados de 11.00 a 12.00 horas no Espazo Mercado de Goián. Este obradoiro está destinado a mozos e mozas a partir de 12 anos e terá un custo de 20 euros. Inscrición aberta na web do Concello.


The post A mocidade mergúllase na tecnoloxía da man da OMIX de Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies