Noticias e alertas

A primavera remata no Mercado de Tomiño cun obradoiro de reaproveitamento alimentario

12/06/2024

Abertas as inscricións na web do mercado


O Mercado de Tomiño pon punto e final á primavera compartindo experiencias e coñecemento. A vindeira semana acolle a celebración do terceiro taller da programación trimestral posta en marcha pola Asociación de Praceiros e Praceiras do Mercado de Tomiño en colaboración co Concello para achegar a praza de abastos e os seus postos ao público dun xeito diferente e dinámico.


No camiño pola posta en valor dos produtos locais e de calidade, o vindeiro mércores 19 de xuño, o público porase mans á masa co obradoiro de reaproveitamento alimentario impartido por Tania Alves, do Fogón do Mercado. Un taller aberto a todos os públicos no que as e os participantes aprenderán técnicas e estratexias para reducir o desperdicio de alimentos nos fogares, aproveitando ao máximo e dun xeito creativo os restos de comida.


O taller terá un total de tres horas de duración, impartirase de 11.00 a 13.00 horas e está aberto a todos os públicos. O obradoiro terá un custe de 10 euros por persoa e todas aquelas interesadas en participar poden xa inscribirse a través do formulario habilitado na web do Mercado.


The post A primavera remata no Mercado de Tomiño cun obradoiro de reaproveitamento alimentario appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies