Noticias e alertas

Participantes no Música Nova darán un concerto este domingo 4 no Museo Serralves do Porto

31/05/2023

Mozos e mozas participantes no proxecto Música Nova da Eurocidade Cerveira-Tomiño prepáranse para unha actuación única no prestixioso Museo Serralves do Porto ao abeiro da celebración anual do ‘Serralves en Festa’, un dos acontecementos culturais máis importantes de Portugal. Este domingo 4 de xuño ás 15.00 h (hora local) varios integrantes do proxecto acompañarán no escenario á Escola do Rock de Paredes de Coura para dar un concerto único no prado do parque de Serralves.


A Escola do Rock de Paredes de Coura, integrada por 40 mozos e mozas de 13 a 30 anos e coñecida polo seu enfoque na música de bandas lendarias, ofrecerá un espectáculo de balde dunha hora de duración e apto para toda a familia no que participantes no Música Nova achegarán ao público todo o aprendido e traballado nas últimas semanas.


O proxecto Música Nova, un dos dous gañadores da última edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo, busca unir á mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño a través dun amplo programa de actividades relacionadas coa música, como obradoiros de capacitación, miniconcertos na rúa, ensaios de diferentes estilos musicais ou a oportunidade de coñecer e interactuar con músicos profesionais de Galicia e Portugal. O obxectivo é fomentar a participación da rapazada en actividades musicais conxuntas, promovendo o intercambio cultural e xeracional.


A culminación deste programa será un concerto no SkatePark de Goián o vindeiro sábado 10 de xuño, no que participarán os mozos e mozas que integran o Música Nova, un proxecto iniciado o pasado mes de abril dentro das iniciativas de consolidación estratéxica da cooperación transfronteiriza entre Cerveira e Tomiño, cofinanciadas ao 75% pola 6ª Convocatoria do programa INTERREG VA ESPAÑA PORTUGAL (POCTEP) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.


The post Participantes no Música Nova darán un concerto este domingo 4 no Museo Serralves do Porto appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies