Noticias e alertas

Fin de semana de éxitos para a Sociedade Atlética do Trega

29/05/2023

Alejandro Santos, Christian Sierpes e Mara Romeu regresan con medalla de prata


Christian Sierpes e Mara Romeu.Novo e rotundo éxito da Sociedade Atlética do Trega esta fin de semana en dúas novas competicións autonómicas, o que sitúa ao club como escola referente en Galicia en disciplinas como no medio fondo e fondo. O equipo desprazouse ata as pistas coruñesas de Elviña para disputar o Campionato de Galicia sub16 de pista ao aire libre, do que regresaron cunha nova fazaña para o club e catro novas medallas no peto.


O atleta Álex Sierpes sorprendeu na Coruña batendo un novo récord galego nos 1500 metros obstáculos, rebaixando a súa propia marca galega e logrando un novo título de campión galego de pista ao aire libre, parando o crono en 4’ 16’’ 37, correndo toda a carreira en solitario e co terceiro mellor tempo de España.


Por outra banda, Alejandro Santos acadou a medalla de prata nos 3000 metros lisos cun fabuloso crono de 9’ 51’’78 e Christian Sierpes quedou tamén subcampión galego nos 2000 metros obstáculo cunha marca de 6’ 33’’ 39. Ademais, Mara Romeu realizou na Coruña a súa mellor intervención de sempre, facendo a súa mínima persoal e e cedendo tan só o liderado nos últimos 60 metros, acadando a medalla de prata nos 400 metros lisos cun rexistro de 59’’ 63.


O Concello quere felicitar unha vez máis ás e aos deportistas, aos seus adestradores Javi Sierpes e Patri Pereira e ao club polo traballo incansable, a dedicación, o esforzo e as habilidades excepcionais coas que enchen cada día de orgullo Tomiño.


The post Fin de semana de éxitos para a Sociedade Atlética do Trega appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies