16/11/2023
Contribuír a erradicar a violencia de xénero, fomentar a prevención, promover a igualdade e realizar actividades que faciliten a confianza e seguridade persoal. Eses son os obxectivos dos dous cursos de autodefensa por e para mulleres que porá en marcha o Concello de Tomiño este mesmo mes de novembro ao abeiro da programación para a conmemoración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Con esta proposta búscase “que as mulleres participantes se sintan ben, fomentando e propiciando un ambiente seguro, próximo e cálido ao tempo que adquiren unhas habilidades básicas en autofedensa”, como resalta a alcaldesa, Sandra González.
Impartido por María Urrutia, cinto negro de Kung Fu 3º Dan e de Tai Chi Chuan e premio á Mellor Deportista da Federación Galega de Kung Fu no 2021, o programa de actividades contempla exercicios básicos de acondicionamento físico e de tonificación muscular e reforzo articular; exercicios que potencien a coordinación e a propiocepción, como equilibrio, ritmo, orientación espacial ou axilidade; movementos e técnicas de brazos e pernas e con diversos utensilios cotiáns para a autodefensa e orientación e pautas para desenvolver hábitos de prevención en calquera lugar.
Tendo en conta a seguridade física e a simplicidade técnica, a instrutora ensinará a todas as participantes recursos útiles, prácticos e funcionais dun xeito divertido e eficaz e as preparará para situacións de posibles agresións con orientacións concretas para poder aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases.
Os cursos celebraranse todos os sábados en horario de 11.00 a 13.00 horas na Casa Salgosa en dúas datas diferentes. O primeiro grupo terá clase todas as semanas do 25 de novembro ao 27 de xaneiro, agás na fin de semana de Nadal, Fin de Ano e Reis. Pola súa banda, o segundo grupo comezará as clases o 3 de febreiro e rematará o 30 de marzo. Serán de balde e con prazas limitadas.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa tanto para o grupo 1 como para o grupo 2 a través da web municipal.
The post Tomiño ofrece dous cursos de autodefensa ante situacións violentas para mulleres appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies