Noticias e alertas

Este xoves temos teatro na Praza da Mina e festival de maxia na de Goián

09/08/2022

Seguimos adiante coa nosa Axenda Cultural de Verán. O xoves 11 de agosto, teremos teatro familiar na Praza da Mina (a partir das 19.30h), da man de a compañía Avela Circo e a actriz Ana Cuevas. Unha divertida proposta na que como unha cometa sen fío, dende o humor e o circo, esta pallasa fala soa, contéstase, vai e vén porque non atopa o seu lugar. Acompañada pola súa fiel bañeira, a que a fai soñar e reafirmar, que os tolos, non son tan tolos. Que a loucura, cúrao!


A Vela Circo é unha nova compañía de circo poético, metafórico que naceu no 2020 para crear os seus primeiros espectáculos: La Cuerda e El último que apague la luz. Un circo do absurdo, do caos e da poesía dos nosos tempos.


Por outra banda, o mesmo xoves 11 de agosto (21.00h), na Praza Antonio Fernández de Goián, teremos o Festival de Ilusionismo “Galicia Ilusiona”. Un proxecto pioneiro, máxico e ilusionante. Un festival de ilusionismo que, por vez primeira, abarca a toda a comunidade autónoma galega e que pretende ser un referente a nivel mundial. Un proxecto que busca converter a Galicia nun territorio máxico durante dous meses. Unha parte  do proxecto é Maxia na Rúa, con espectáculos para todos os públicos.


The post Este xoves temos teatro na Praza da Mina e festival de maxia na de Goián first appeared on Concello de Tomiño.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies