20/11/2023
A mocidade tomiñesa continúa a traballar a prol da infancia e adolescencia de toda Galicia. Cinco integrantes do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, ‘Voces Novas’, participaron esta fin de semana no Carballiño no III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente promovido por Unicef, que buscaba reflexionar sobre a protección de dereitos infantís e previr a violencia.
Durante dous días de convivencia, 50 rapazas e rapaces de entre 10 e 17 anos integrantes de 12 concellos locais de participación de toda Galicia traballaron man a man no manifesto que levarán ao Parlamento galego o vindeiro 28 de novembro, que se centrará sobre ‘Os nosos dereitos, a nosa voz’ e a través do que compartirán coas autoridades as súas peticións sobre esta temática.
Esta iniciativa completarase coa entrega do cadro colaborativo de Leandro Lamas pintado estes días e que se entregará no XI Foro de Participación Infantil e Adolescente que se celebrará tamén no Parlamento de Galicia.
Como sinala o concelleiro de Mocidade, Agustín González, que acompañou á rapazada tomiñesa ao Carballiño, “é fundamental que a infancia e a mocidade de todos os concellos galegos poida propoñer, idear, debater e ter voz e voto en todas as iniciativas que poidan marcar as pautas das políticas relacionadas coa xuventude e a infancia a nivel autonómico”.
The post Voces Novas participa no III Encontro Galego de Consellos da Infancia e Adolescencia appeared first on Concello de Tomiño.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies