Noticias e alertas

A mocidade tomiñesa colle fío e agulla no seu vindeiro curso da OMIX

19/01/2023

O Concello de Tomiño segue a apostar pola formación da mocidade a través de novos cursos, obradoiro e iniciativas que espertan grande interese entre os rapaces e rapazas. A OMIX vén de abrir o prazo de inscrición para participar nunha nova proposta: un curso de corte e confecciónco que as persoas participantes achegaranse ao mundo do téxtil sen necesidade de ter coñecementos previos na materia e co que poderán rematar realizando os seus propios deseños.


O curso comezará o 25 de febreiro e haberá clases todos os sábados de 10.00 a 13.00 horas ata o vindeiro 1 de abril. As clases, dirixidas a persoas a partir de 12 anos, serán no Espazo Mercado de Goián e terán un prezo de 20 euros ao mes. Os mozos e mozas interesados en participar poden xa inscribirse a través da páxina web do Concello.


O obradoiro dividirase en diferentes actividades para ir mergullando a rapaces e rapazas no mundo do corte e da confección. Por un lado, partirase dende cero ensinando ás e aos participantes a manexar o fío e a agulla, aprendendo diferentes tipos de puntadas existentes e practicándoas. Unha vez dominada a agulla o seguinte paso será coñecer as diferentes técnicas de remendos, como arranxar baixos, colocar cremalleiras ou coser botóns, entre outras. Ademais, o alumnado tamén aprenderá a utilizar máquinas de coser de diferentes tipos, así como a realizar patróns para a elaboración de pezas propias.


Como sinala a alcaldesa, Sandra González, a través das súas actividades a OMIX do Concello de Tomiño busca “achegar á nosa mocidade unha programación actual, na que se traten temáticas non só que lles poidan brindar oportunidades persoais e profesionais no futuro, senón tamén que lles interesen especialmente, como é o caso de todo o relacionado co mundo téxtil”.


The post A mocidade tomiñesa colle fío e agulla no seu vindeiro curso da OMIX appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies