Noticias e alertas

Tomiño contratará a 23 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2023

13/01/2023

O Concello de Tomiño incorporará este ano ao seu persoal a 23 traballadores e traballadoras contratadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra a través da liña 3 para a activación do emprego. Estas novas incorporacións “non soamente permitirán reforzar e mellorar diferentes departamentos municipais que precisan máis persoal ou nos que se realizan traballos estacionais, senón que dará tamén unha oportunidade laboral a veciños e veciñas que están na procura de emprego”, como destaca a alcaldesa, Sandra González.


A través deste plan de contratacións cubriranse ata nove postos diferentes con traballadores e traballadoras a xornada completa e contratos de entre seis e 11 meses de duración. Así, está prevista a incorporación de:



  • 13 peóns de xardinaría (9 durante sete meses, 2 con contrato de 9 meses e outros 2 durante 11 meses).

  • Un peón da construción (6 meses).

  • Dous persoas condutoras-operadoras de retroescavadora Oficial 2º (durante 7 e 8 meses, respectivamente).

  • Dous instaladores ou instaladoras electricistas en xeral Oficial 1ª (7 meses).

  • Unha persoa para mecánica de mantemento e reparación de automoción en xeral Oficial 2ª (7 meses).

  • Un soldador ou soldadora de estruturas metálicas lixeiras, especialista (7 meses).

  • Un técnico/a administrativo en xeral, categoría Oficial administrativo (6 meses). Como requisito debeán posuír a titulación ou titulacións de Ciclo Superior ou equivalente da familia profesional de Administración e Xestión que se establezan nas bases da selección.

  • Un traballador ou traballadora social, categoría axudante titulado (6 meses).

  • Un enxeñeiro ou enxeñeira técnica forestal ou biólogo ou bióloga, categoría axudante titulado (6 meses).


As persoas candidatas deberán estar empadroadas en Tomiño, desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.


O Servizo Público de Emprego de Galicia será o encargado de realizar a primeira selección dos e das aspirantes. Na selección terán preferencia as persoas vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas que acrediten unha discapacidade superior ao 33% sempre que permita realizar as funcións de cada un dos postos, familias monoparentais con fillos ou fillas ao seu cargo ou persoas con niveis de renda baixa e con cargas familiares.


The post Tomiño contratará a 23 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2023 appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies