Noticias e alertas

O CERTAME DE PINTURA ao aire libre ‘ANTONIO FERNÁNDEZ’ CUMPRE DEZ ANOS

03/08/2022

O evento internacional conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Comunidade de Montes de Goián e da Fundação Bienal de Arte de Cerveira


O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández chega á súa décima edición. O concurso de pintura ao aire libre, que nos primeiros anos se celebrou só do lado tomiñés, cruzou o río Miño da man da Eurocidade Cerveira-Tomiño, entidade organizadora na actualidade. A cita do décimo aniversario será o domingo 21 de agosto próximo.


A inscrición, gratuíta e por rigorosa orde de anotación, estará aberta ata o 19 de agosto (inclusive), a través dos formularios habilitados na páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomino (https://eurocidadecerveiratomino.eu/actividades).


As persoas inscritas deberán presentarse o día do certame entre as 9.30 e 11.30 horas (8.30 e 10.30h de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández, situada a carón da praza de Goián (Tomiño), co obxecto de que a organización sele e numere o soporte das obras.


Todas as persoas participantes poderán crear as súas pinturas nos espazos situados na contorna da parroquia de Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira (Portugal), conforme ás zonas indicadas no mapa que se entregará.


Un ano máis, o tema do certame será calquera paisaxe (que cada participante escolla) do percorrido establecido no plano antes mencionado.


O procedemento creativo e a técnica de pintura, porén, serán libres, sempre que a obra se realice in situ, ao aire libre, e inspirada no medio físico natural, non en fotografías, debuxos, etc.



Premios


Establécense os seguintes premios:


Categoría adultos (a partir de 18 anos):



  • 1º Premio: 1.500 euros.

  • 2º Premio: 500 euros.

  • 3ª Premio: 500 euros.


Categoría infantil (ata 11 anos):



  • 1º Premio: Diploma e bono por valor de 50€ para gastar na Bienal de Cerveira.

  • 2º Premio: Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 25€.


Categoría xuvenil (12 a 17 anos):



  • 1º Premio: Diploma e bono por valor de 100€ para gastar na Bienal de Cerveira.

  • 2º Premio: Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 50€.


Na categoría adultos o 1º premio será con cargo ao orzamento do Concello de Tomiño; o 2º Premio correrá a cargo da Comunidade de Montes de Goián; e o 3º, a cargo da      Fundação Bienal de Arte de Cerveira. Nas categorías infantil e xuvenil os primeiros premios correrán a cargo da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e os segundos, do Concello de Tomiño.


As bases completas poden consultarse na páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño.






The post O CERTAME DE PINTURA ao aire libre ‘ANTONIO FERNÁNDEZ’ CUMPRE DEZ ANOS first appeared on Concello de Tomiño.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies