Noticias e alertas

A Feira de Cultivos renova a súa aposta polo formato ao aire libre

18/05/2024

Celebrarase do 7 ao 9 de xuño cunha ampla programación de actividades centradas na sostibilidade



A Feira de Cultivos do Baixo Miño quenta motores para repetir o éxito de público do 2023. Organizada pola Asociación de Cultivos do baixo Miño e o Concello de Tomiño, a feira mantén a súa aposta polo formato ao aire libre e por tres días de encontro desfrutando do espazo público e levando as principais novidades dos sectores da planta, froita, flor, horta e subministros á rúa.


Deste xeito, a XIX Feira de Cultivos do Baixo Miño celebrarase do 7 ao 9 de xuño na renovada Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, un espazo ao aire libre que brinda un ambiente único tanto para expositores como para o público para gozar da cita máis importante do sector do viveirismo en Galicia, como demostrou o éxito acadado na pasada edición.


“Para nós é un orgullo presentar unha feira moderna e actualizada que recolla e reflicta os intereses da sociedade, en constante evolución. Por iso teremos novamente unha programación única que ofrecerá unha ampla variedade de actividades para que persoas de todas as idades poidan desfrutar dunha experiencia enriquecedora”, salienta o presidente de acuBam, Francisco Campo.


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou que “preparamos con moitísima ilusión unha feira que se converta nun lugar de encontro para a xente, nunha cita obrigada pola que todas e todos agardamos cada ano. Temos moitas ganas de volver gozar dunha feira participativa, dinámica, aberta e lúdica para profesionais e veciñanza na que seguir visibilizando e poñendo en valor un sector moi importante para a economía da comarca”.


A nova edición da Feira de Cultivos do Baixo Miño contará de novo cunha ampla e diversa programación que terá a sostibilidade e o respecto polo medio ambiente como temática protagonista. Serán tres días de actividades como obradoiros, concertos ou conferencias sen renunciar á promoción comercial. O programa completo darase a coñecer nos vindeiros días.


The post A Feira de Cultivos renova a súa aposta polo formato ao aire libre appeared first on Concello de Tomiño.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies